Directores/as
Ollo de vidrio

Calendario de eventos

Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Asesoría de proxectos con Marjerie Bendeck

17 Decembro 2021 | 00:00

ASESORÍA DE PROXECTOS CON MARJERIE BENDECK NO CONECTA+

Como xa ven sendo habitual outros anos, xunto co Conecta+ ten lugar a sesión titulada “Pitching de Talento”, en onde se presentan de forma pública os guions subvencionados por AGADIC na última convocatoria de “Axudas de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego”.

Marjorie Bendeck será a encargada de asesorar aos proxectos seleccionados deste ano, pertencentes a Berio Molina, Irene Pin, Sara Traba e David Alonso. Marjorie reside en Alemaña desde o 2003, onde traballou para festivais, fondos e programas de capacitación a nivel internacional. Avalía proxectos cinematográficos para MEDIA, ACE Producers e o Berlinale World Cinema Fund, e imparte talleres de pitch e desenvolvemento para o Mediterranean Film Institute, o Clúster AV de Canarias e o IFFR-Pro de Rotterdam, entre outros. Desde o 2018 é directora do mercado de coprodución para Europa Oriental Connecting Cottbus.

Detalles

Data:
17 Decembro 2021
Hora:
00:00
Categoría dos Evento:
,
www.crea.gal