Directores/as
Ollo de vidrio

Estrea oficial de A nena que tiña unha soa orella

Mañá sábado 19, terá lugar en Ferrol, a estrea oficial da curta “A nena que tiña unha soa orella” da que xa falamos hai tempo por aquí, na súa preestrea.

A curta na que colabora o noso compañeiro Rubén Coca é unha curtametraxe de animación que está inspirada no relato da escritora Lucía Etxebarría “La fanstástica niña pequeña y la cigüeña pedigüeña” e nas ilustracións que para el realizou o tamén galego Víctor Coyote, producida por Rubén Coca e dirixida por Álvaro León e realizada coa colaboración da Xunta de Galicia e os Concellos de Ferrol e Narón.

Se queres asistir á estrea debes chamar ao 981 944 245 e reservar praza, porque seguro que o Teatro Jofre vai estar a tope. (segue as instruccións da invitación na esquerda)

Ademáis Rubén está de dobre noraboa, xa que onte mesmo recibiu o premio do público con “La princesa Alegría” no XVIII Festival de Cine de Madrid-PNR.

Como adianto podemos ver o trailer de “A nena que tiña unha soa orella”.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta