 | Este luns ás 00:40h (noite de luns a martes), pasarase por primeira vez en Televisión de Galicia, Blanca Mádison, a longamentraxe ópera prima do noso compañeiro Carlos Amil. Rodada no 2000 con produción de Vici Produccions, estreouse no 2002. Foi seleccionada entre outros en Fantasporto, Festival Internacional de Cine de Porto (Portugal); Festival Internacional de Cine de Ourense; Festival de Florianápolis (Brasil); Cinespaña, Festival de Cine de Toulose (Francia). Conta no reparto con actores do nivel de Mario Gas ou Rosa María Sardá entre outros. 
Urbano, que ven de saír da cadea, recolle no taxi que conduce a unhas prostitutas con destino a un club ao outro lado da fronteira. No taxi vai tamén unha rapaciña. Na mesma dirección viaxa Blanca Madison, cantante de boleros. Blanca regresa á cidade na que sendo nena sufriu aldraxes a mans do propietario dun club nocturno, chamado Xesús Bocanegra. Entre actuación e actuación organiza, con desesperada frialdade matemática, unha vinganza: matar a Bocanegra. ficha completa da película aquí: AAG Blanca Mádison
|
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.