Directores/as
Ollo de vidrio

El Cosmonauta, unha arriscada aposta polo copyleft no cinema.

A produtora Riot Cinema, acaba de lanzar un proxecto realmente ariscado e innovador no seu plantexamento de cara á súa produción, financiamento e distribución dunha longametraxe, EL COSMONAUTA.
O proxecto pretende acadar o seu orzamento total a base de pequenos produtores que poderán aportar dende 2€ comprando obxectos relacionados coa película na súa tenda.

O proxecto está nunha fase de desenvolvemento bastante avanzada, como se pode ver a súa web, onde podemos descargarnos un completo dossier ou un borrador do guión.

Pero a innovación deste proxecto non acaba aquí, senón que a súa distribución tampouco seguirá as canles convencionais.
A película terá unha licencia Creative Commons, e o plan de Riot Cinema é o de estrear a película en internet en alta definición, estando dispoñible de balde para todo a mundo.

Este proxecto conta co apoio de diversas entidades, cosmonautas, universidades e incluso un director de proxectos espaciais da NASA.

No momento de cambio que vive a produción e distribución de longametraxes, onde non está claro cal será o modelo de futuro, parece interesante seguir a pista a este proxecto, xa que de saír adiante pode representar unha alternativa ao modelo actual.

Podedes seguir a evolución do proxecto na web ou blog do proxecto.


Interacciones del lector

Deixa unha resposta