Directores/as
Ollo de vidrio

Dolores Meijomín nomeada coordinadora de Política Audiovisual de AGADIC

Tras o longo período de paralización que sofreu AGADIC, parece que coa chegada da nova dirección as cousas van volvendo á normalidade.
A semana pasada saian convocadas as axudas ao “talento” e o pasado venres foi resolta a praza de coordinador de Política Audiovisual de AGADIC que fora convocada en abril.
O praza de coordinadora recae en Dolores Meijomín, que ven de traballar no extinto Consorcio Audiovisual, e que na actualidade xa estaba a traballar en AGADIC en temas relacionados co audiovisual.
Dolores ten ampla experiencia e coñecemento do sector; desde CREA celebramos o seu nomeamento, esperando que desta vez esta praza que xa fora convocada sen éxito no pasado, adquira a estabilidade e continuidade necesarias para que sexa posible o desenvolvemento da súa importante labor.

Toda a información sobre o nomeamento na web de AGADIC.