Damos a benvida á nova directiva de CREA!
Tras cinco anos moi intensos, traballando arreo para continuar co legado das diretivas lideradas por Luis Avilés, Ángeles Huerta e Jorge Coira, o equipo presidido por Fon Cortizo despediuse a finais de 2025 para dar o relevo a un novo. Co presidente marcharon a 1ª Vicepresidenta, Noemí Chantada, o 2º Vicepresidente, Óscar Pardo, e os vogais Coral Piñeiro e Alejandro Rodríguez.
Esta é a nova directiva da nosa asociación, que seguirá a traballar, como as anteriores, polo audiovisual galego!








Presidente: Pablo Fontenla.
Vicepresidenta 1ª: Pilar Abades.
Vicepresidente 2º: David Hernandez.
Tesoureira: Romina Doce.
Secretario: Gero Costas.
Vogais: Sara Traba, Xoán Escudero e Iria Sobrado.
Coordinadora: Zeltia Stadelmann.
Comunicación dixital: Paula G.

