Directores/as
Ollo de vidrio

Cursos de formación audiovisual para profesionais do sector en activo.

O Cluster Audiovisual Galego vai desenvolver un proxecto baseado en cinco cursos de formación audiovisual para profesionais do sector en activo.

O plan está enmarcado nunha iniciativa de cooperación interrexional co Proxecto Universidade Empresa (PUE), que auna a empresa privada e á Universitat Politècnica de Catalunya-, a Corporación Aragonesa de Televisión e o CLAG. En colaboración coa Xunta de Galicia e o Centro de novas Tecnoloxías de Galicia.

Os cursos ofrecidos son:
A realización da animación por ordenador: da idea á producción final

30 horas, bo 8 ó 12 de Febreiro de 16:00 a 22:00

Gravación e posproducción en HD
40 horas,
do 22 de Febreiro ó 5 de Marzo de 16:00 a 20:00

Desenvolvemento de contidos para móbiles

30 horas, do 8 ó 15 de Marzo de 16:00 a 21:00

Técnicas avanzadas de edición
12 horas, do 16 ó18 de Marzo de 16:00 a 20:00

Programación en televisión dixital
20 horas, do 22 ó 26 de Marzo de 16:00 a 20:00

Se estades interesados encontraredes o formulario de inscrición na web do CNTG, seguindo as seguintes instrucións:
No seguinte link accededes directamente á área de Formación do CNTG:
http://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion

Na sección Formación do menú Actividades, compre seleccionar como área de formación a correspondente a: “deseño gráfico, programación multimedia e contornas audiovisuais”; aí mesmo aparecerá un listado no que figuran, entre outros, os cinco cursos. Pinchando sobre cada un, accedese a toda a información completa de cada un deles, incluído o boletín de inscrición.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta