Directores/as
Ollo de vidrio

Curso de prevención de riscos laborais no audiovisual

O Cluster Audiovisual Galego organiza tres cursos intensivos sobre riscos laborais no eido da produción audiovisual. Os cursos terán lugar os días 14, 21 e 28 de outubro de 09:00 a 14:00h. e de 16:00 a 19:00h. No ITE Caixa Galicia da Coruña.
Os obxectivos xerais do curso son mellorar as condicións laborais dos traballadores e das traballadoras do sector audiovisual de Galicia, e implicar a todolos membros da empresa nas actividades preventivas para evitar danos persoais e materiais.
Especificamente preténdese formar os traballadores do sector audiovisual galego en materia de Prevención de Riscos Laborais, xerar novos coñecementos en prácticas de seguridade e saúde laboral, e proporcionar ferramentas que desenvolvan actitudes positivas ante a prevención de riscos laborais.
Faráse entrega dun diploma acreditativo aos asistentes que entreguen o cuestionario debidamente cumplimentado.

Os cursos están limitados a 20 prazas e son de balde, así que se andas interesado apuntate remitindo o formulario de inscrición ao seguinte mail, mercados@clag.es, dentro dos prazos establecidos:
para o curso do día 14 de outubro o prazo máximo é o 9 de outubro
para o curso do día 21 de outubro o prazo máximo é o 19 de outubro
para o curso do día 28 de outubro o prazo máximo é o 26 de outubro

Máis información sobre os cursos descargando o dossier (Ollo é un PowerPoint!!! 395KB)

Interacciones del lector

Deixa unha resposta