Directores/as
Ollo de vidrio

En busca de mecenas para o documental sobre o boxeador Aarón “Thunder” González

O pasado domingo comezou unha campaña de micromecenazgo para financiar a posprodución do documental Devolvendo o golpe, do noso socio Carlos Prado Pampín

Aquí tedes a ligazón da campaña: https://vkm.is/elgolpe

Cando tiña dez anos, Aarón González, sufriu un terrible atropelo mentres agardaba ó autobús escolar na parroquia marinense de Mogor. A súa vida corría moito risco, e, se saía adiante, sería nunha cadeira de rodas. A súa nai, Rosa Díez, non estaba disposta a tirar a toalla. Así, pouco a pouco, enfrontándose a todas as adversidades, esta nai coraxe conseguiu que Aarón puidera cumprir o seu sono, ser Campión de España de Boxeo.

Unha historia que, para a súa estrea, precisa da axuda económica de todos os seguidores do documental, dos fans de Aarón, dos amantes do cinema, e, en definitiva, de calquera que queira axudar a sacar adiante este proxecto cultural. Así, este domingo arrincou na plataforma web “Verkami”, una campaña de micromecenazgo para conseguir os cartos que faltan para a posprodución e a estrea deste traballo audiovisual.

Pero, ollo, “non se trata de darnos cartos así porque si, a fondo perdido. Por cada ingreso o mecenas recibirá unha recompensa a cambio da súa axuda, dende que o seu nome apareza nos títulos de crédito do documental, ata asistir a estrea da obra no cinema Seixo de Marín, ou recibir unhas clases particulares de iniciación ao boxeo con Aarón, o campión galego e de España”, asegura o director Carlos Pampín.

“Sabemos que non é o mellor momento porque a situación co COVID é moi complicada e hai moita xente que o pasa mal, pero penso que esta historia de Aarón e da súa familia pode servir como exemplo de superación, de que hai que seguir adiante e que, por moi mal que vaian as cousas, non hai que tirar a toalla. Este documental pode servir de inspiración a moitas persoas”, comenta Carlos Prado.

Este traballo audiovisual, dunha hora aproximada de duración, é unha produción 100% de Marín, xa que os protagonistas, o director e guionista e a produtora, Trece Amarillo, son oriúndos da vila marinense. Un documental que conta coa axuda do Concello de Marín e da Deputación de Pontevedra. A estrea está prevista para o mes de marzo de 2021 mítico cine Seixo de Marín.

Pinchade aquí para atopar as recompensas e premios por colaborar co documental.