ADVERTENCIA: Comezamos esta nova cunha desculpa. Si. Pedímosvos desculpas xa que tódalas imaxes e textos que aparecen neste post non son nosos, senón que os tomamos prestados con fins puramente informativos para intentar facer unha aproximación poliédrica a unha realidade tan complexa como son os Premios dunha Academia de Cine. A estas alturas é máis que probable que vostedes xa coñezan quenes foron os premiados, así que que sentido ten repetirlles unha información que xa coñecen? É por esto que desde CREA propuxémonos navegar entre as profundidades da Rede na procura dos “Mestre Mateo Files” é ofrecervos unha Crónica Non-Oficial do que foi esta Gala.