Directores/as
Ollo de vidrio

Crear en crise. Mesa redonda de CREA no Culturgal.


Un ano máis CREA vai ter presencia no Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, que un ano máis terá lugar en Pontevedra.
Repetimos cun stand onde vos poderedes informar de como asociarse, que facemos, os nosos plans… e sobre todo coñecernos en persoa.
E tamén organizamos unha mesa redonda que titulamos Crear en crise, fórmulas para a supervivencia.
O momento económico actual está a afectar ao mundo da cultura en xeral, e moi especialmente ao audiovisual en particular.
Nesta situación os modelos de creación e produción habituais non son válidos e vémonos na necesidade de reinventarnos. Pero… en que dirección? Debemos de enfocalo todo a Internet? Temos que pensar só en producións de baixo orzamento? Realmente existe alguén que estea capeando o temporal?.

Para falar de todo isto temos invitados de luxo:

MODERADOR
Manolo González: Exdirector da Axencia Galega do audiovisual e unha das persoas que máis ten investigado na repercusión dos novos formatos no tecido industrial audiovisual.

INVITADOS
Alfonso Blanco, Portocabo: produtor especializado en novos formatos de TV comercial.
Ramón Costafreda: director con gran traxectoria na realización de spots, e con experiencia en proxectos de vídeo interactivo para o Parlamento Europeo.
Sonia Méndez: Directora e actriz protagonista e cocreadora da webserie “Angélica e Roberta”
Felipe Laxe, Zeitum Films: Produtor de filmes que con baixo orzamento están a acadar unha espectacular repercusión en festiváis internacionáis (recentemente Costa da Morte ven de gañar en Locarno).
Amalia Saavedra, Olivo Consulting: experta en xestión empresarial, marketing e financiamento de produtos audiovisuais.
Antonio Llorens: Programador, crítico cinematográfico e membro do Consello de administración de Europa Cinemas / programa Media.

A cita é o domingo día 1 de decembro ás 12h.
Tedes máis información de esta, e mil actividades interesantes na web do Culturgal. Pero ollo, non fagades caso do horario da web. A mesa é ás 12h.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta