Directores/as
Ollo de vidrio

CREA organiza dúas mesas redondas no CulturGal

logo_crea_300px

Esta edición CREA terá boa presenza no CulturGal, xa que por unha banda teremos presencia con stand propio no “Garaxe”, e por outra organizaremos dúas mesas de debate o venres 30 no “Estudio”.

A primeira mesa, que comeza ás 18:30 leva por título O DIRECTOR E OS DEREITOS DE DIFUSIÓN CULTURAL.
En que consisten os dereitos de difusión cultural e os dereitos de exhibición?.
Está ben definida a fronteira entre eles?
É necesario -ou útil- modificar a lei para asegurar o acceso do público ás obras?
Respéctanse, na práctica, os dereitos dos autores, os productores, os exhibidores, etc.?

Propoñemos un debate sobre os límites entre os dereitos de exhibición e os de difusión cultural, lembrando diversos casos de auténticos secuestros de traballos, aos que o produtor bloquea, impedindo a súa difusión.

Moderará a mesa: Pepe Coira (guionista e produtor).
Participan:
Mario Iglesias (director)
Pancho Casal (produtor)
Xosé Manuel Sande (programador do CGAI)
Miguel Angel Bouza (avogado)

A segunda mesa terá lugar ás 20:00, e leva por título O DIRECTOR NO AUDIOVISUAL.
Neste caso pretendemos propoñer unha reflexión sobre a figura do director no noso oficio, e dando por feito que é unha figura clave na creación audiovisual, pero hai moitas dúbidas…
Está claro cales son as súas obrigas e responsabilidades?
Hai diferenzas entre a forma de traballar en Galicia respecto ó resto de España, Europa, EEUU, Asia, etc…?
É unha figura sobrevalorada? Ou infravalorada?
Cal debería ser a relación co produtor? E co guionista?
Están claros os límites entre a capacidade de decisión de dirección, produción e guión?
Hai diferenza entre os diferentes formatos cine, TV, outros formatos…? Se a hai, é bo que sexa así? Habería algo que mellorar?

Modera a mesa: Antonio Mourelos (presidente da Academia Galega do Audiovisual)
Participan:
Sandra Sánchez (directora)
Juan Lesta (director)
Alfonso Zarauza (director)
Fernanda del Nido (produtora)
Miguel Anxo Fernández (crítico e exhibidor)

Esperamos que estas actividades sexan do voso interese. E recordade que estaremos durante toda a feira ao voso dispor.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta