
Xa é pública a listaxe de finalistas da XX Edición dos Premios Mestre Mateo, organizados pola Academia Galega do Audiovisual e onde participan os traballos realizados durante o último ano no sector audiovisual galego.
Repasamos a continuación as categorías nas que se implican a profesionais da dirección e a realización, entre as que se atopan varias das persoas asociadas a CREA.
MELLOR DIRECCIÓN
- Alfonso Zarauza (CREA) por Malencolía
- Javi Camino (CREA) por Jacinto
- Jorge Coira (CREA) por Hierro
- Toño López (CREA) por Cuñados
MELLOR REALIZACIÓN
- Gerardo Rodríguez por Malicia Noticias
- Jairo Iglesias por Origen
- José Villaverde por Land Rober Tunai Show
- Marcos Estebo e Diego Guerrero (CREA) por Cos pés na terra
MELLOR LONGAMETRAXE
- Cuñados, dirixida por Toño López (CREA)
- Jacinto, dirixida por Javi Camino (CREA)
- Melancolía, dirixida por Alfonso Zarauza (CREA)
- Tres, dirixida por Juanjo Giménez
MELLOR DOCUMENTAL
- A poeta analfabeta, dirixido por Sonia Méndez (CREA)
- A virxe roxa, dirixido por Marcos Nine (CREA)
- The Great Way, dirixido por Alba Prol Cid e Raúl García (CREA)
- Welcome to ma maison, dirixido por Andrés Goteira (CREA)
MELLOR SERIE DE TV
- A lei de Santos, dirixida por Ozo Perozo (CREA) e Manuel A. Espiñeira (CREA)
- Auga Seca, dirixida por Toño López (CREA) e Sergio Graciano
- Hierro, dirixida por Jorge Coira (CREA)
- Método Criminal, dirixida por Jorge Saavedra (CREA) e Ozo Perozo (CREA)
MELLOR PROGRAMA
- Cinephilia, realizado por por Simone Saibene (CREA)
- Clac, realizado por Xosé Luis Piñeiro, Juliana Marta González, Nerea Vázquez, Ero André Iglesias
- Cos pés na terra, realizado por Marcos Estebo (CREA) e Diego Guerrero
- Dígocho eu, dirixido por Carlos Amado
MELLOR CURTAMETRAXE
- A comuñón da miña prima Andrea, dirixida por Brandán Cerviño (CREA)
- Augas Abisais, dirixida por Xacio Baño (CREA)
- Aura, dirixida por Sonia e Miriam Albert-Sobrino (Also Sisters)
- Fracturas, dirixida por Fernando Tato (CREA)
MELLOR SERIE WEB
- Cacola dirixida por David Fidalgo (CREA)
- Delicias Amargas dirixida por Fernando Tato (CREA)
- Mataría Microserie dirixida por Javier Seoane e Pedro Brandariz
- Xela Arias. A palabra esgazada, dirixida por Damián Varela
MELLOR ANUNCIO PUBLICITARIO
- É Lalin… Sóache?, dirixido por Lucas Terceiro (CREA) e Marga Pazos
- Las estrellas del camino – Miradas de resistencia, realizado por Fran X. Rodríguez (CREA)
- Redes Vivas, realizado por Toño Chouza
- Xacobeo, camiña a Galicia, realizado por Miguel Conde (CREA)
MELLOR VIDEOCLIP
- El Volcan – Pablo Lesuit, dirixido por Luís Santaolalla
- Figa – Tanxugueiras, dirixido por Diego M. Barcia e Diego Santaclara
- Fukushima – Triángulo de amor bizarro, dirixido por Toño Chouza
- Voucho contar así – Grupo Antilia, dirixido por María Costas
Nas categorías profesionáis temos tamén a algunhas das nosas asociadas, como Javi Camino (Jacinto) en mellor guion e mellor montaxe, Simone Saibene (Cinephilia) como mellor comunicador, Andrés Goteira (Welcome to ma maison), Jorge Coira, Gaspar Broullón, Juan Galiñanes (Cuñados) e Marcos Nine (A virxe roxa) en mellor montaxe ou Samuel Lema (Jacinto) en mellor dirección de arte.
Noraboa a todas as profesionais nomeadas e a todas as que formaron parte da listaxe de finalistas!

