Directores/as
Ollo de vidrio

CREA da a benvida a dezasete novos asociados

logo_crea_300px

Un dos retos que se marcou a actual directiva de CREA foi a de aumentar a súa base de socios, xa que eran moitos os realizadores-directores galegos que estaban fora de CREA ou que mesmo nin coñecían da existencia da asociación.
Unha asociación profesional ten que tratar de representar ao máximo de profesionais como obxectivo primordial, pero é que o feito de ter moitos socios supón que os puntos de vista, as necesidades, e os obxectivos vense enriquecidos, xa que cada un aportará o seu modo de mirar en todo o que CREA decida emprender.
Estamos especialmente contentos por conseguir que dezasete novos creadores decidiran asociarse, porque de seguro van traer sangue nova e fresca a CREA. -na que ademais a media de idade estaba empezando a subir perigosamente.- Wink

Na asemblea que tivo lugar a pasada semana, aceptáronse como socios a Alfonso Zarauza, Sonia Méndez, Peladel Alamo, Luis Avilés, Toño Chouza, Miguel Conde, Giselle Llanio, Marcos Nine, Marta Piñeiro, Ricardo Llovo, Jorge Saavedra, Manuel Espiñeira, Alex Sampayo, Xacio Baño, Simón Casal, Gonzalo Cotelo, Gaspar Broullón e Iñaki López Ordóñez.
Damoslles unha agarimosa benvida á xa súa asociación.

Estamos traballando a reo para conseguir que isto non quede aquí, e próximamente temos prevista a incorporación de máis realizadores-directores ás filas de CREA.
Se es realizador ou director audiovisual e estás interesado en formar parte de CREA, non dubides en contactarnos, estaremos encantados de acollervos. Sendo máis seremos mellores e poderemos alcanzar obxectivos máis ambiciosos.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta