Directores/as
Ollo de vidrio

CREA NAS CANDIDATURAS AOS XIX PREMIOS MESTRE MATEO

A Academia Galega do Audiovisual organiza un ano máis os XIX Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, que terán lugar o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña.

Xa se fixo pública a lista de obras candidatas, e abriuse o prazo de votacións por parte das persoas membras da Academia. Non será ata o vindeiro día 1 de febreiro cando se anunciarán as candidaturas finalistas. Nesta primeira votación participan varios dos proxectos dos directores e directoras de CREA (preme aquí para ver a listaxe completa).

Na categoría de mellor longametraxe atopamos A illa das Mentiras de Paula Cons. O filme tivo a súa estrea na plataforma en streaming Filmin e conta cun longo percorrido por salas e festivais como o 68 Festival Internacional de Cine de San Sebastián ou a 23 Festival Internacional de Cine de Shanghái. Outra das longas candidatas é 9 Fugas de Fon Cortizo. Un filme que se estreou no 58 Festival Internacional de Cine de Xixón e no que se alzou co premio á mellor longametraxe ex aequo da Sección Ratueyos. Ons de Alfonso Zarauza é outra das candidaturas a longametraxe de ficción, unha película que se estreou no 17 Festival de Cine Europeo de Sevilla e que fixo a súa estrea en salas o pasado día 18 de novembro.

Na categoría de documental atópase Nación de muchachos: utopía o muerte dirixida por Javi Camino, estreada no OUFF 2020 e que relata a decadencia da historia de Benposta. Tamén presenta a súa candidatura Aser Álvarez coa peza para TVG De Carballo a Carvalho. Percurso pola vida e obra de Ricardo Carvalho Calero.

Na categoría a mellor serie de TV atópase A Estiba dirixida por Miguel Conde, Juán Galiñanes e Giselle Llanio para TVG, inspirada no traballo da Policía Nacional. Tamén se atopa o final da histórica serie da TVG Serramoura, dirixida por Miguel Conde, Jorge Saavedra, Manuel Espiñeira, Juan Galiñanes, Giselle Llanio e Simón Casal, e tamén a súa secuela A lei de Santos dirixida por Ozo Perozo e Giselle Llanio seguindo os pasos do icónico personaxe de Santos. A serie policíaca galego-portuguesa Auga Seca ten tamén a súa candidatura, da man de Toño López, e por último a serie para TVE Néboa dirixida por Jorge Saavedra. Seguindo coas candidaturas televisivas atópanse as de mellor programa de TV, nas que se están Cantas ou non? e Come a Comarca dirixidos por Edu Lavandeira, Cinephilia dirixido por Simone Saibene e Galicia Bonita dirixida por Daniel Suárez Rubini.

Na categoría de mellor curtametraxe atopamos Xoves de Comadres dirixida por Noemi Chantada, que tivo a súa estrea na 23 Edición do Festival de Málaga e que dende entón non cesou o seu percorrido por festivais. Atópanse tamén producións de Aser Álvarez, como 100 anos de Nós ou a curta de animación Anacos de Carvalho Calero. Brandan Cerviño presenta a súa candidatura con Hai unha virxe alí arriba, a súa primeira curtametraxe de ficción. Dani Viqueira está coa súa segunda curtametraxe La Penumbra, unha aposta clara polo cine de xénero de terror. No eido da animación atópase tamén Reality, a crítica á telerealidade dirixida por David Fidalgo.

Na categoría de mellor videoclip atópase Dark Sienna (Roger & Brian Eno) dirixido por Juan Lesta, Fuego contra Papel (Dreams of Dolly Sheep) dirixido por Alejandro Rodríguez, Muinheira de Interior (Boyanka Kostova) dirixido por Xaime Miranda, No lo ves (Furious Monkey House) e Peligro (Killer Barbies) dirixidos por Gero Costas, Ratas (Soziedad Alkoholika) de Manu Viqueira, Subiote (Rodrigo Ramos) de David Fidalgo e Who will save me (Aparato) de Ozo Perozo.

Na categoría de serie web atópase Xan, dirixida por Lucía Estévez, Premio a proxecto no Festival Carballo Interplay 2019.

Por último, na categoría de mellor anuncio publicitario atópase De fronte de Fran X. Rodríguez, Desde o mar e Grazas Galicia de Juan Galiñanes, Quererla es crearla de Manu Viqueira e Vivamos como galegos de Miguel Conde.

Nas categorías profesionáis repítense moitos nomes. A mellor director teñen a súa candidatura Fon Cortizo (9 Fugas), Paula Cons (A illa das mentiras), Alfonso Zarauza (Ons), Jorge Saavedra (Néboa), Javi Camino (Nación de muchachos: utopía o muerte), Manuel Espiñeira (Do dereito e do revés), Miguel Conde, Giselle Llanio, Manuel Espiñeira (A estiba), Ozo Perozo, Giselle Llanio (A lei de Santos) e Toño López (Auga Seca), mentres que na categoría a mellor realizador atópanse Edu Lavandeira (Come a Comarca), Oscar Pardo (O son da ribeira) e Pablo Fontenla (A miña familia pola túa).

No resto de categorías profesionais (montaxe, guión, direción de produción, direción de arte…) tamén se atopan moitos dos nomes dxs nosxs socios e socias, como Fon Cortizo, Paula Cons, Lucía Estévez, Alexandre Cancelo, Samuel lema, Oscar Pardo

Dende CREA damos a noraboa a todas as candidaturas e animamos aos académicos e académicas a apoiar as obras dxs nosxs socios e socias!