Directores/as
Ollo de vidrio

Constitúese a coordinadora de asociacións do audiovisual [Nota de prensa]

Nestes últimos meses producíronse no sector audiovisual galego acontecementos importantes. As recentes eleccións autonómicas trouxeron un cambio de goberno que implicou un relevo dos responsables da xestión do Audiovisual.

As diversas asociacións que representan ó conxunto do Audiovisual Galego veñen traballando para o seu impulso e fortalecemento dende o ano 2007, no que asinan un decálogo de medidas urxentes que presentaron ó presidente anterior e fixeron chegar igualmente ó actual..

Despois deste cambio de situación detectouse, por unha banda, unha parálise nas institucións e, pola outra, unha certa indefinición na política a seguir.

As asociacións reproban a parálise no sector que sistematicamente se produce coincidindo coas citas electorais e cos cambios políticos. Entenden que unha das obrigas dos responsables políticos e da administración é evitar esa parálise que se traduce en perda de actividade co conseguinte dano en emprego e negocio.

E propoñen:

  • Un diálogo regularizado da Administración coas asociacións que debe concretarse institucionalmente coa representación destas no organismo que asuma as competencias de fomento da produción e da promoción audiovisual.

  • A continuación inmediata pola Consellería de Cultura dos proceso necesarios para levar adiante as convocatorias e pagos pendentes.

  • A presenza de especialistas nas comisións de avaliacións a proposta do sector.

  • Coordinación coa TVG nas axudas concedidas pola Consellería de Cultura.

  • A continuación pola CRTVG do Plan de Apoio ao Audiovisual que quedou trazado na anterior lexislatura.

  • Garantías fidedignas do cumprimento por parte da RTVG coa lei que lle obriga a investir un 5% dos seus ingresos na produción cinematográfica.


Preocupadas por estes temas, as catro asociacións que representan á maioría dos profesionais do sector en Galicia decidiron constituír a “Coordinadora das Asociacións de Profesionais do Audiovisual Galego”, sendo unha das súas primeiras iniciativas solicitar do novo director xeral de Promoción da Cultura unha entrevista rexistrada na Consellería o pasado día 11 de xuño, sen obter de momento ningunha resposta.

Conforman esta coordinadora a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores Realizadores de Galicia (CREA).

A plataforma constitúese coa vontade de defender e promover o noso Audiovisual, coa inquedanza que produce a actual situación e co fin de ser un interlocutor válido diante das autoridades competentes para sacar ó sector deste estado e axudar a definir unha politiza Audiovisual seria e estable.

Os integrantes da Plataforma acordaron nomear a Vicente Montoto, presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, como o seu portavoz.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta