Directores/as
Ollo de vidrio

Conecta LAB. Encontro co colectivo “Dostopos” – Ana Pfaff e Ariadna Ribas.

Encontro co colectivo ‘Dostopos’ (Ana Pfaff e Ariadna Ribas) o vindeiro día 19 de maio ás 19:00h sobre procesos creativos durante a fase de montaxe e sobre os procesos de creación colectiva.

O encontro será gratuíto e celebrarase online, previa inscrición, a través da plataforma Zoom. O acceso será prioritario para as persoas pertencentes ás asociacións organizadoras ou colaboradoras, queadando despois aberto ao público ata cubrir o número máximo de prazas, limitadas a 100.

Inscríbete pinchando aquí.

BIOFILMOGRAFÍAS

Ana Pfaff, gradouose na ESCAC na especialidade de montaxe cinematográfica, e posteriormente cursou estudos de investigación sobre cine na UPF. Como montadora focaliza o seu traballo en películas de cine independente, traballando con cineastas como Meritxell Colell Aparicio, Carolina Astudillo, Chema García Ibarra, Eloy Domínguez Serén, Clara Roquet… Destacan as dúas longametraxes dirixidas por Carla Simón, Alcarrás e Estiu 1993. Foi recoñecida con premios de montaxe como o Gaudí, varias nominacións aos Goya, Fénix, Platino, CEC, Mestre Mateo, CIMA… Tamén traballa como docente.

Ariadna Ribas gradouose na ESCAC na especialidade de montaxe cinematográfica. Desde 2012 traballou como montadora en varias longametraxes como Liberté ou La mort de Lluis XIV de Albert Serra. Recentemente traballou no equipo de montaxe de Sis dies Corrents de Neus Ballús ou Magaluf Ghost Town de Miguel Ángel Blanca. Recibe varios premios de montaxe, como o Gaudí por Júlia Ist de Elena Martín. Desde 2012 traballa como profesora no departamento de montaxe de estudos de posgrao da UPF/BSM impartindo talleres de found  footage e colaxe animada, entre outros.

En 2008 crean o Colectivo Dostopos, dende onde comezaron a traballar como realizadoras das súas propias pezas poñendo o foco na relación entre a música e a imaxe en formatos como o videoclip ou a videoproxección e utilizando técnicas emedios como o found footage, o collage animado, a manipulación de negativo ou o súper 8.

O encontro forma parte do ciclo promovido no marco do Conecta LAB, organizado dende CREA, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e da Fundación SGAE.