Directores/as
Ollo de vidrio

Conecta LAB. Encontro con Koldo Serra

Encontro con Koldo Serra o vindeiro día 9 de xuño ás 20:00h sobre o proceso creativo dende a idea ata a rodaxe, a través das súas películas e series.

O encontro será gratuíto e celebrarase online, previa inscrición, a través da plataforma Zoom. O acceso será prioritario para as persoas pertencentes ás asociacións organizadoras ou colaboradoras, queadando despois aberto ao público ata cubrir o número máximo de prazas, limitadas a 100.

Inscríbete pinchando aquí!

BIOFILMOGRAFÍA
Koldo Serra foi fundador e socio das produtoras Arsénico P.C. xunto a Borja Crespo, Nacho Vigalondo, Borja Cobeaga e Nahikari Ipiña e Sayaka. Comezou a súa traxectoria como axudante de dirección de varios spots publicitarios, videoclips e curtas, como 7:35 de la mañana de Nacho Vigalondo (obra candidata nos Oscar 2004 como mellor curtametraxe) ou Snuff 2000 de Borja Crespo. Koldo dirixíu as curtametraxes Amor de madre (escrito e dirixido xunto a Gorka Vázquez) e El tren de la bruja (escrito xunto a Nacho Vigalondo), ambos premiados en festivais de medio mundo, chegando a conseguir co segundo, o Méliès de Oro á mellor curtametraxe fantástica europea no Amsterdam Fantastic Film Festival. En 2007 Koldo Serra estrea a súa primeira longametraxe The Backwoods (Bosque de Sombras) onde contaba cun elenco internacional como Gary Oldman (Drácula, Leon El profesional), Virginie Ledoyen (8 mujeres, La playa) ou Paddy Considine (24 Hour Party People, El ultimátum de Bourne). A súa segunda película, Gernika, estréase no marco do Festival de Málaga. «Gernika» está protagonizada por María Valverde, James D’Arcy, Jack Davenport, Ingrid García-Jonsson, Alex García, Irene Escolar, Bárbara Goenaga, Burn Gorman y Joaquim Assboeck. 70 Binladens, protagonizada por Emma Suárez, Nathalie Poza y Hugo Silva, é o seu terceiro filme. En televisión, Koldo Serra dirixíu episodios para series como Gominolas (Cuatro, 2007), El Comisario, La Fuga y El Don de Alba (Telecinco) ou Karabudjan para Antena 3, con Hugo Silva, Marta Nieto y Victor Clavijo como protagonistas. Nos últimos anos, Koldo dirixiu capítulos da terceira e cuarta temporada de La Casa de Papel de Netflix.

O encontro forma parte do ciclo promovido no marco do Conecta LAB, organizado dende CREA, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e da Fundación SGAE.