Directores/as
Ollo de vidrio

Conecta LAB. Encontro con Andea Jaurrieta

Encontro con Andrea Jaurrieta o vindeiro día 7 de abril, ás 18:00h, sobre o financiamento, produción, distribución e venta de proxectos autorais.

O encontro será gratuíto e celebrarase online, previa inscrición, a través da plataforma Zoom. O acceso será prioritario para as persoas pertencentes ás asociacións organizadoras ou colaboradoras, queadando despois aberto ao público ata cubrir o número máximo de prazas, limitadas a 100.

BIOFILMOGRAFÍA
Directora, guionista e produtora. A súa ópera prima, Ana de día (2018), da cal foi tamén produtora, participou en máis de 30 festivais nacionais e internacionais, gañando 12 premios que culminaron coa súa nominación á Mellor dirección novel nos Premios Goya 2019, así como nas Medallas CEC (Círculo de Escritores Cinematográficos). Previamente as súas curtas foron seleccionadas en múltiples festivais, e os seus proxectos recibiron becas como, entre outras, a da Academia das Artes Cinematográficas de España ou do prestixioso Torino Feature Lab, estas últimas co seu novo proxecto como directora, Nina.

É licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid, e Máster en Dirección Cinematográfica pola ESCAC, ademais de Diplomada en Arte Dramático polo Laboratorio de William Layton. Combina os seus proxectos cinematográficos co seu traballo como profesora de Historia do Cine, Interpretación e Dirección. Dende o 2019 é membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, e ao tempo que desenvolve a súa segunda longametraxe, comeza a producir proxectos alleos coa súa produtora Lasai Producciones.

O encontro forma parte do ciclo promovido no marco do Conecta LAB, organizado dende CREA, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e da Fundación SGAE.