Directores/as
Ollo de vidrio

Conecta LAB. Encontro con Neus Ballús e Gerard Oms.

Encontro con Neus Ballús e Gerard Oms para reflexionar dende un punto de vista teórico sobre o traballo con actores e actrices naturais utilizando como base a experiencia conxunta na creación do último filme de Neus, Sis Dies Corrents.

O encontro será gratuíto e celebrarase online, previa inscrición, a través da plataforma Zoom. Será o 26 de maio, ás 17.00h. O acceso será prioritario para as persoas pertencentes ás asociacións organizadoras ou colaboradoras, queadando despois aberto ao público ata cubrir o número máximo de prazas, limitadas a 100.

Inscríbete pinchando aquí.

BIOFILMOGRAFÍAS

Neus Ballús é directora e guionista de cine. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Pompeu Fabra, e posteriormente especialízase en Realización de Cine de non-ficción co Máster en Documental Creativo da mesma universidade. Traballa a hibridación de xéneros, e é considerada como unha das cineastas de referencia de la Nueva Ola Catalana. As súas curtametraxes colleitaron grandes éxitos en festivais de todo o mundo. A súa primeira longametraxe The Plague estreouse na 63 Edición do Festival de Cine de Berlín e recibiu a nomeación á Mellor Ópera Prima nos Premios Goya. A súa película Staff Only, na que traballa con actores non profesionais, estreou tamén en Berlín. O seu último traballo, The Odd-Job Men, foi galardoado con premios en Locarno, Seminci e nos Gaudí.

Gerard Oms comezou no cinema da man de Isabel Coixet. Foi colaborador de Neus Ballús, Oriol Paulo, e Laura Jou, e acting coach persoal dos actores Mario Casas, Ana Wagener, Óscar Casas e Begoña Vargas entre outros. Formouse no Institut do Teatre de Barcelona e na Escola Parnassos de Utrecht. Traballa como acting coach en Laura Jou Estudi per a l’Actor e, eventualmente, en ESCAC, na dirección de actores e non-actores. Inefable é a súa primeira curtametraxe como director e guionista. Tras a súa estrea no D’A, foi seleccionado en festivais como o Festival Internacional de Cine en Guadalajara e o Festival de Málaga, alzándose co Danzante Iberoamericano do Festival Internacional de Cine de Huesca. A revista Caimán Edicións incluíuno entre as quince mellores curtametraxes españolas de 2021. Hoxe en día atópase acabando a postproducción da súa segunda curtametraxe, Has estado, hace tempo e desenvolvendo a súa primeira longametraxe, Muy lejos.

O encontro forma parte do ciclo promovido no marco do Conecta LAB, organizado dende CREA, coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), e da Fundación SGAE.