Directores/as
Ollo de vidrio

Conecta e Conecta+, en cal debo inscribirme?

Chega a parte final do ano, momento no que celebramos tanto o Conecta como o Conecta+, os dous eventos de networking, insignia de CREA, que ano tras ano poñen en común a profesionais da dirección, guión e produción coa finalidade de sacar adiante proxectos.

Ambos teñen unha base similar, con reunións un-a-un onde, por unha banda, explícanse ideas, e por outra, escóitanse e aconséllase. Sen embargo, a pesares destas similitudes, cada un deles está enfocado a un tipo diferente de proxecto e estado de desenvolvemento deste.

Para que sexa máis doado saber a cal dos dous eventos enviar o teu proxecto, a continuación, faremos unha descrición de que cousas encaixan mellor no Conecta e cales no Conecta+.

__

#CONECTA
Trátase dunha ferramenta para poñer en contacto a profesionais da dirección e guionistas que estean a desenvolver proxectos audiovisuais en Galicia e busquen fortalecelos a partir da colaboración con outras persoas, ou simplemente necesitan recibir opinións do seu traballo para seguir desenvolvéndoo. Ao Conecta podes presentarte con proxecto (se es profesional en activo ou estudante), ou sen el se queres escoitar e aconsellar (soamente se es profesional en activo).

Polo tanto, os perfís que mellor se adaptan son:

  • Guionistas que buscan director/a
  • Director/a que busca guionista
  • Guionista ou director/a que busca feedback
  • Guionista ou director/a que quere dar feedback

Por outra banda, os tipos de proxecto que mellor se adaptan son:

  • Ideas que buscan ser escritas
  • Tratamentos/Escaletas de guión
  • Guións en fases iniciais ou primeiras versións
  • Poden ser tanto curtas como longas, series, proxectos de televisión…

Se crees que o teu proxecto encaixa aquí, podes inscribilo a través do formulario que atoparás pinchando aquí: Conecta

__

#CONECTA+
Trátase dunha ferramenta para poñer en contacto a creadores/as con proxectos en fase de desenvolvemento, e produtores galegos e nacionais que poidan estar interesados en desenvolver eses proxectos. A idea é tecer pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de dotalas de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.

Polo tanto, os perfís que mellor se adaptan son:

  • Guionistas e directores/as que buscan produtor/a
  • Guionistas e directores/as que necesitan recibir orientación de cara á produción

Por outra banda, os tipos de proxecto que mellor se adaptan son:

  • Longametraxes ou proxectos de televisión, xa sexan ficción, transmedia, documental…

Se crees que o teu proxecto encaixa mellor aquí, poderás inscribilo a partir do día 15 de novembro a través do formulario que se incluirá na web, e que actualizaremos aquí chegado o día.

As inscricións non son excluíntes, polo que poderedes enviar o voso proxecto tanto ao Conecta como ao Conecta+ se así o considerades. De feito, o proxecto mellor valorado no Conecta será seleccionado para o Conecta+

Ante calquera cousa, non dubidedes en preguntar a través do correo conecta@crea.gal.