Directores/as
Ollo de vidrio

O CONECTA 2020, ONLINE

Vivimos un ano atípico pero non foi impedimento para levar a cabo unha das actividades por excelencia da Asociación, o CONECTA.

A xornada celebrouse o pasado sábado 31, na que participaron máis de 50 persoas e foron tutorizados un total de 35 proxectos. Foi unha mañá na que non deixaron de fluir as ideas con proxectos de todo tipo, dende propostas de series para tv ata guións de longametraxes ou ideas para curtametraxes. Proxectos que seguirán avanzando grazas ao feedback e as relacións profesionais que se foron xestando, e que de seguro, como aconteceu os anos anteriores, se materializarán nun futuro cercano.

Como non podía ser doutra forma, optouse por realizar esta edición nun formato telemático, con salas de reunións un a un igual que no formato presencial, garantizando así a total seguridade de tódalas persoas e mantendo a esencia da actividade, que puido facerse grazas ao apoio da Fundación SGAE e coa colaboración de AGAG.