Directores/as
Ollo de vidrio

VOLVE O CONECTA+ NUNHA EDICIÓN ESPECIAL ONLINE

Voltamos un ano máis cunha nova edición do Conecta+, o encontro entre creadores e produtores de dentro e fóra de Galicia, organizado por CREA en colaboración con AGAG e AGAPI e co apoio de AGADIC e a Fundación SGAE. A principal novidade da edición 2020 e a súa celebración 100% telemática, ante a situación derivada da crise sanitaria da COVID-19.

Como en anos anteriores, no Conecta+ teredes a ocasión de presentar os vosos proxectos en reunións un-a-un aos máis destacados produtores/as de dentro e fora de Galicia, asegurando a presenza de profesionais de primeirísimo nivel. Temos a boa experiencia da edición online do pasado Conecta, no que participaron máis de 50 persoas, polo que temos o convencemento de que a celebración online do Conecta+ manterá os ingredientes que o converteu nun espazo do que cada ano brotan novas películas, novos proxectos, novas colaboracións…

Toda a información necesaria sobre o encontro, así como o formulario de inscrición o atoparedes pinchando na seguinte ligazón: BASES CONECTA +

O prazo límite para inscribir proxectos é o día 26 de novembro ás 23:00h. Como todos os anos, un xurado composto por membros de CREA, AGAG e AGAPI escollerá os proxectos que logo se mandarán aos produtores.

Como nas dúas edicións pasadas, o evento incluirá tamén un panel de Pitching cos guións subvencionados na última convocatoria de axudas de Talento de AGADIC. Tamén repetimos á masterclass de Pitching a cargo de Peter Andermatt, director do Media Desk de España, que terá lugar un par de días antes do encontro.

Tanto o panel de Pitching como a masterclass serán actividades gratuítas, para as que haberá que facer unha inscrición previa e das que pronto anunciaremos os pasos a seguir para participar.