Benvidos ó Conecta + 2016. Non sabedes o que é? Pois o Conecta é unha desas citas imprescindibles no calendario ás que debes acudir se tes unha idea que queiras convertir en obra audiovisual, ou se ó contrario o que buscas son ideas doutros para realizar.
Estes que aquí vedes son os responsables dos proxectos seleccionados este ano que foron recibidos pola directiva de CREA. A nosa compañeira Ángeles Huerta foi a encargada da coordinación da edición de este ano.
No Conecta interveñen 3 asociacións: CREA (Directorxs) AGAG (Guionistas) e AGAPI (Produtorxs). A primeira fase Conecta é na que se establecen contactos entre Directorxs e Guionistas. Na segunda fase, o Conecta + (Que acaba de celebrarse o pasado sábado) os proxectos presentanse a Produtorxs.
E comezan as reunións…
En concreto foron 71 reunións as que tiveron lugar. 27 os proxectos seleccionados e 9 xs produtorxs que se achegaron na procura de ideas para levar á pantalla.
E tras as reunións, intercambio de ideas nun ambiente máis distendido. Galicia Calidade, Agadic e a Fundación SGAE colaboraron connosco na realización do evento.