Directores/as
Ollo de vidrio

Comezou o apagón analóxico, chega a TDT

En estes días os repetidores analóxicos de Yerga (La Rioja) deixarán de funcionar, e os telespectadores da zoa só poderán sintonizar a televisión a través de receptores de televisión dixital TDT.
Con esta acción comeza o tan comentado apagón analóxico.
Está previsto que de aquí a 2010 todo o territorio nacional sexa dixital, e as bandas de emisión analóxicas quedarán libres para outras aplicacións.

Este cambio representa unha importante reorganización dentro do espectro radioeléctrico español, que como o de todos os países desenvolvidos, está saturado.
A implantación da TDT, utilizará un espectro menor que o que utiliza a actual televisión analóxica, e por contra emitirá moitos mais canles con maior calidade de imaxe son, ademais de incorporar capacidade de audios simultáneos, subtítulos, interactividade, etc.
Isto permitirá ter espectro radioeléctrico baleiro para outras aplicacións como podería ser internet sen fíos, ou calquera outro servizo que necesite do codiciado e escaso espacio radioeléctrico.
Pero non todo están sendo alegrías. A implantación da TDT, sufriu o primeiro e predecible atraso nunha ampla zoa de Santiago, onde estaba previsto apagar os repetidores analóxicos na primeira fase deste proceso. O apagado aprazouse sen data prevista, xa que se detectou que a cobertura TDT nas zoas non era a esperada.
Por outra banda, os operadores non están aproveitando as posibilidades que ofrece o medio, de cara a diferenciarse fronte á televisión analóxica, e como exemplos pódese citar que a utilización de consulta de programación estendida EPG por parte dos operadores e escasa ou nula, ou que a única canle que ofrece contidos interactivos na actualidade é TV3 en Catalunya [TV3 interactius]. Tampouco existe ningunha televisión que ofreza formato panorámico 16:9, e se falamos de Alta Definición, TV3, de novo é o único operador nacional que emite en probas TDT HD [TV3 HD].
Encima de todo isto a práctica totalidade dos descodificatores vendidos non son compatibles con servizos interactivos, TV de pago, nin alta definición.

Algúns operadores están ofrecer contidos exclusivos en TDT interesantes para o espectador, como por ser o recen estreado Cultural.es de TVE, Disney Channel, Teledeporte, ou CNN+, entre outros.
Pero a prolieferación de canles de teletenda e programación repetida unha e outra vez, fan que a percepción do espectador fronte aos contidos non sexa especialmente positiva.

Interesante resaltar a aparición de colectivos de voluntarios [voluntariosTDT] que ofrecen de balde a xente con poucos recursos asesoramento, e instalación do TDT na casa, todo un exemplo de altruísmo que de seguro axudará a moita xente a entender , disfrutar, e participar da TDT.

Máis información sobre a TDT:
http://www.televisiondigital.es

Interacciones del lector

Deixa unha resposta