Directores/as
Ollo de vidrio

Comeza a preprodución da longametraxe ‘Tras a Estrela’

Ubicada no centro de Portugal, a Serra da Estrela será o escenario da primeira longametraxe dirixida polo noso socio Carlos Martínez-Peñalver (Vigo, 1991). Producida pola produtora galaico-catalana Omen, durante o mes de agosto estaranse a desenvolver tarefas de localizacióon, casting e produción.

Serra da Estrela‘ é un filme de ficción que bebe da realidade contemporánea deste espacio natural portugués, condicionado polas súas pistas de esquí. O filme contrapon dúas historias. Por un lado a de Herminio, un pastor desposuído do seu oficio por causa da especulación turística, que inicia unha peregrinaxe guiado por unha estrela cara o corazón da montaña. Por outro lado, a de Xoel, un mozo galego urbanita que acude á Serra da Estrela en busca dunha catinga dos seus antepasados. A súa presenza espertará curiosidade e rexeitamento entre as persoas que habitan o lugar. A tensión entre estas dúas travesías reflicte como a promesa do paraíso rural enfeitiza os anhelos das persoas que viven nas cidades.