Directores/as
Mediateca

“Masterclass” DAMA Conecta LAB!

Conecta Lab impulsa e acompaña aos creadores no proceso de creación, escrita e desenvolvemento de longametraxes e series: os proxectos seleccionados reciben asesoramento de guión e dirección por parte de profesionais recoñecidos/as durante a residencia artística. Nesta edición estaremos sete días na Illa de San Simón: do 14 ao 20 de abril de 2026.

Como cada ano, teremos varias clases maxistrais abertas ao público xeral, grazas á colaboración de DAMA, nas que se poderá participar en liña. Desta volta teremos tres masterclass:

  • Xoves, 16 de abril, ás 22 horas: “El proceso creativo de ‘Romería'”, con Carla Simón. INSCRICIÓN.
  • Sábado, 18 de abril, ás 19:30 horas: “Axudas á escrita de guion do ICAA 2026”. Ana Pernia, Ángel Manzano e Nacho López. INSCRICIÓN.
  • Domingo, 19 de abril, ás 19:30 horas: “Escribir un tratamento e outras ferramentas de venda”. Enrique Lojo, Inés Pintor, Rafa Taboada e Cristina Merino. INSCRICIÓN.

Podedes coñecer aos creadores e ás creadoras cos que compartiremos unha semana na Illa de San Simón neste enlace.