Directores/as
Ollo de vidrio

Ciclo de animación na Fundación Luis Seoane


foto ©Fleischer Studios
Do 2 ao 10 de outubro, a Fundación Luis Seoane de A Coruña ofrecerá unha escolla excepcional de películas que reúne a moitos dos máis destacados autores da animación do século XX. Este ciclo pretende ofrecer unha visión o máis ampla posible dunha arte que comezou de xeito experimental e que foi transformándose pouco a pouco ata converterse en parte imprescindible da expresión artística contemporánea, a través da obra de artistas coma Winsor McCay, Emile Cohl, Bill Plympton e moitos outros.

Durante nove días, a Fundación proxectará unha serie de obras que ofrecerán ao espectador poder coñecer a animación primitiva, as películas animadas dos anos vinte, a animación expresionista e de vangarda, as escolas do Este, e dúas sesións especiais: unha, dedicada a Bugs Bunny e outra ao traballo de Bill Plympton. O ciclo contará así mesmo cunha sesión dedicada a Ladislas Starevich, o que supón unha oportunidade para coñecer a un animador xenial pero descoñecido para o gran público. As súas películas de animación de insectos constitúen hoxe en día un documento único.

As sesións terán lugar os días 2, 5, 6, 8, 9 de outubro ás 20:00, 3 e 10 en dobre sesión de mañá e tarde, ás 12:00 e ás 20:00 e 4 e 7 ás 12:00. A entrada é libre. .

Este venres, 2 de outubro, ás 20:00, proxectarase Orixes da animación, con pezas de Winsor McCay, Edison e Emile Cohl.

Podes descargar a programación completa aquí.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta