Directores/as
Ollo de vidrio

Chico & Rita de balde en Filmotech

Afortunadamente cada vez son máis as boas novas respecto de canles alternativos para desfrutar de xeito lícito do cine na nosa casa.
Hoxe tócalle a un videoclube online especializado en cine español e latino, do que non faláramos antes por aquí, Filmotech.

Este videoclube ten un catálogo de máis de 1.200 películas hispanas, que podemos tanto alugar durante 24h por 1,42€ a pelicula, ou ben desfrutar de tarifa plana por 9€ ao mes, co que teremos acceso a todo o catálogo durante todo o mes de xeito ilimitado.

Pero a boa nova é que en exclusiva e totalmente de balde ata o vindeiro día 26, simplemente con rexistrarnos, poderemos ver sen custe algún a candidata aos Oscar Chico & Rita, a película de animación de Trueba e Mariscal.

A promoción está limitada aos 6.000 primeiros visionados, así que se tedes interese por vela, non demoredes en rexistrarvos.

A iniciativa é indubidablemente boa, pero ei de dicir que hai un aspecto algo mellorable, e que non é menor. Falo ca calidade de reprodución, que a lo menos no meu caso cun ordenador potente e unha conexión a Internet de banda ampla, deixaba bastante que desexar, levándome de novo aos tempos do VHS ou das pelis tamaño 320×240 dos anos 90.

Toda a información en Filmotech.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta