Directores/as
Ollo de vidrio

Chega a España Voddler, outro videoclube en liña máis

Acaba de chegar a España outro servizo máis de aluger e visionado de películas e series online de xeito lícito, trátase do escandinavo Voddler.

Voddler súmase a servizos dos que xa temos falado como iTunes, Mubi ou Filmin, que ofrecen por un custe moi baixo acceso desde a nosa casa a catálogos audiovisuais cada vez máis amplos e interesantes.
Neste caso Voddler acaba de desembarcar en España e o seu catálogo e bastante escaso de momento (280 longas, 280 series e 7 documentais), pero oferta algunhas interesantes opcións, como a posibilidade de ver algunhas delas sen custe algún a cambio de tragarnos uns cantos anuncios ao comezo da sesión, sistema que pretenden aplicar ao 80% do catálogo. Tamén destaca o seu modo offline, que permite descargar as películas para logo velas en lugares nos que no teñamos acceso á rede, como o coche, un avión, ou na aldea. Este modo offline actualmente tamén o ofrece o servizo de aluguer de Apple, iTunes.
Ademáis, Voddler utiliza un sistema de distribución P2P similar ao que usa Spotify, no que cando reproducimos unha película, tamén a compartimos co resto da comunidade, o que reduce os custes de infraestrutura á compañía.

Para animarnos a facernos unha conta e ver como funciona, se nos facemos seareiros de Voddler en FaceBook, poderemos optar a sorteos de pases de balde do seu catálogo de pago.

Como sempre digo, outra boa nova para normalizar o consumo de audiovisual online lícito, e abandonar outras canles máis “oscuras”, aínda que hai que recoñecer que sumando o catálogo de todas estas plataformas, a oferta esta verde, xa que polo xeral, cando buscas algo concreto, nunca o atopas. Estamos seguros de que isto irá mellorando pouco a pouco.