Directores/as
Ollo de vidrio

Cañas con CREA no FIC de Bueu

Un encontro entre profesionais para o intercambio de opinións sobre o cine

De Cañas con CREA constitúe un punto de encontro entre directores galegos e profesionais chegados de fóra. Nesta ocasión con motivo da selección no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu serviu para compartir experiencias e formas de facer cine en distintos lugares do mundo.

Gonzalo Suárez converteuse no moderador do encontro celebrado no bar Aturuxo dentro do FIC Bueu. A charla entre cañas realizouse nun ambiente tranquilo ao que asistiron José Antonio Blanco, en concurso coa curta “Véndese, baixo prezo, pouco uso”, Álvaro Gago con “Curricán” así como distintos profesionais galegos como Deborah Vukusic así como os socios de CREA, Samuel Lema e Nani Matos.

creacañasficbueu
Fotografía FICBUEU: Adrian Mandado

Verbas arredor do cine, da realización e dalgúns dos filmes en competición nesta edición do FIC, converteron as Cañas con CREA nun fructífero e intenso debate entre cineastas.