Inscríbete ata o luns 23 de marzo ás 20 horas!


Volve a Aula CREA cun curso intensivo de seis horas que propón unha reflexión práctica sobre a relación entre a dirección e a dirección de fotografía na creación audiovisual.
Partindo da idea do camiño —ou “sirât”, entendido como unha travesía de decisións creativas—, o curso abordará como director/a e director/a de fotografía constrúen xuntos a linguaxe visual dun proxecto: desde a concepción estética ata a resolución técnica no set.
Este encontro formativo busca abrir un espazo de intercambio de experiencias e coñecementos; revisaremos dinámicas reais de rodaxe, problemas habituais na relación creativa e estratexias para fortalecer unha colaboración fluída entre departamentos clave.
⏰ Sábado 28 de marzo de 10 a 14 e de 15:30 a 17:30 horas.
📍 Museo Gaiás, @cidadedacultura.
🎥 Impartido por Mauro Herce (@herce_herce), director de fotografía e director de cine; gañador do Goya á mellor fotografía en 2020 e 2026.
👉 Inscríbete escribindo a coordinacion@crea.gal.
Esta actividade está organizada por CREA co patrocinio de AGADIC.

