


Moitísimas grazas a tod@s por acompañarnos na primeira Aula Crea de 2026. Foi unha vivenza de aprendizaxe incrible, na que o gran Mauro Herce foi un guía extraordinario.
Nun curso intensivo de seis horas reflexionamos con él sobre a relación entre a dirección e a dirección de fotografía na creación audiovisual. Partindo da idea do camiño —ou “sirât”, entendido como unha travesía de decisións creativas—, analizamos con Herce como director e director de fotografía constrúen xuntos a linguaxe visual dun proxecto: desde a concepción estética ata a resolución técnica no set.
Grazas ao Museo Gaiás por acollernos!
Esta actividade foi organizada por CREA co patrocinio de AGADIC.

