Directores/as
Mediateca

#AulaCREA: “A supervisión de postproducción en proxectos cinematográficos”.

Inscríbete ata o luns 20 de abril ás 20 horas!

Segunda Aula CREA de 2026!

🖱 Curso: “A supervisión de postprodución en proxectos cinematográficos”.

👨‍🏫 Docente: Juan Galva.

📍 Gaiás (Santiago de Compostela).

📆 Datas e horarios:

– Xoves 23 de abril, de 19 a 21 horas: clase en liña de dúas horas.

– Sábado 25 de abril, de 10 a 14 e de 16 a 18 horas: clase presencial de seis horas.

– Luns 27 de abril, de 19 a 21 horas: clase en liña de dúas horas.

👩‍🎓Grupo máximo: 20 alumn@s.

💸 Cota de inscrición: Socios CREA: 45 €. Resto: 75 €. Para inscribirvos, escribide a coordinacion@crea.gal.

📖 Temática:

A postprodución ten un lado técnico e creativo ben coñecido, pero a súa xestión é tan determinante coma a que leva un direct@r de produción. O oficio de supervisor/a de postprodución é moi descoñecido, malia a súa responsabilidade á hora de entregar unha obra audiovisual dentro dos prazos contractuais e dentro do orzamento. Neste curso faremos un percorrido por todas as fases dun calendario de postprodución, desde a financiación ata a entrega final.

⏩ Obxectivos:

– Dar a coñecer o oficio da supervisión de postprodución en detalle e a súa relación cos directores e directoras.

– Discutir todos os procesos de postprodución, dende a fase de financiación ata a entrega final.

– Refrescar fluxos de traballo, tanto técnicos coma creativos.

– Resolver dudas técnicas, sen afondar en tecnicismos complexos.

👨‍🏫 Breve biografía de Juan Galva: logo de navegar a postprodución durante 15 anos, primeiro como montador, logo como compositor de VFX e finalmente como colorista, Juan deu finalmente o paso á supervisión de postprodución “freelance”. Entre os seus proxectos destacan “Motel Destino”, “Perdidos en la noche”, “Gladbeck”, “Edge of night” e “Rapa”.

Esta actividade está organizada por CREA co patrocinio de AGADIC.