Directores/as
Ollo de vidrio

As asociacións do audiovisual galego demandan respostas á Consellería ante a crise do COVID 19

As diferentes asociacións profesionais do audivisual galego (Academia Galega do Audiovisual, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación sindical de  Guionistas de Galicia, Asociación Galega de Productoras Independentes, CREA e Proxecta) fan balance da reunión co Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. O sector conmina a administración a traballar de xeito colectivo cos representantes do sector e dá un prazo de 15 días para a redacción de medidas concretas no contexto da crise do COVID 19.

Santiago, 3 de abril de 2020