Directores/as
Ollo de vidrio

Arquivos CREA: Sinistrum

O noso compañeiro Omar Rabuñal é, xunto con Luís Usón e Txabi Mira, un dos autores que forman parte de Sinistrum, unha nova canle de Youtube adicada ós relatos de terror, fantásticos e de ciencia ficción que incorpona un novo episodio os días 13 de cada mes.
cabecera sinistrum V02

Sengundo nos comentaba Omar Rabuñal, “Poderemos escoitar relatos de terror orixinais sobre imaxes suxerentes e metafóricas. Quizáis nos diferenciamos do resto de vídeos deste tipo que se poden ver por youtube, en que os nosos están un pouco máis coidados que a media, tanto técnica como artísticamente. Os relatos están locutados por actores profesionais e tanto a montaxe sonora como a de imaxes están coidadosamente pensados. A maior parte dos vídeos e as imaxes son propios e están pensados e deseñados para suxestionar ao espectador ou polo menos, para non deixalo indiferente.”


Un traballo que resultou especialmente atractivo para o noso compañeiro como el mesmo nos comentaba: “o feito de guionizar os relatos así como de darlles unha solución visual para provocar no espectador diferentes emocións no espectador, como medo, horror, asco, aversión, é todo un reto e ao mesmo tempo, divertido”

Anecdotario por Omar Rabuñal.
O feito de estar creando terror, fai que nós mesmos nos suxestionemos moitas veces. Unha noite, gravando nunhas ruínas crimos sentir a alguén nunha habitación escura. Despois duns minutos nos atrevimos a entrar no cuarto cunha lanterna para descubrir que a orixe do estraño ruído era unha goteira.
Sinistrum banner_facebook