Directores/as
Ollo de vidrio

Arquivos CREA: "Pelerinaxes" de Simone Saibene

 

Pelerinaxes cartelCaptura de pantalla 2016-07-04 a las 9.55.02

Captura de pantalla 2016-07-04 a las 9.55.39

Captura de pantalla 2016-07-04 a las 9.56.00

Portada pelerinaxes

Captura de pantalla 2016-07-04 a las 9.56.25

O noso compañeirdo Simone Saibene presenta este 5 de xullo ás 21.30 horas en Lugo (ó aire libre xunto a Capela de Santa Marta) o súa nova longametraxe “Pelerinaxes”. Un filme, a medio camiño entre a ficción e o documental, inspirado na obra homónima de Otero Pedrayo que relata a viaxe de tres intelectuais, Vicente Risco, Ben Cho Shey e o propio Pedrayo, desde Ourense ata San Andrés de Teixido.
Pelerinaxes

 

O filme, interpretado por Carmen Méndez, Isabel Risco, Xoel Yáñez, Alfonso Míguez e Ruth Sabucedo, alterna a súa narración entre os testemuños dos coñecedores da viaxe realizada por Otero Pedrayo e os seus compañeiros, e a viaxe da protagonista que vive a súa propia experiencia realizando o camiño. “Pelerinaxes” é ó mesmo tempo a crónica dunha viaxe interior a través do camiño como fonte de coñecemento. A intención dos camiñantes, Risco, Pedrayo e Ben Cho Shey, de retratar a Galicia do seu tempo pasa a converterse no retrato dun mesmo a partires da experiencia vital que emana do propio percorrido.

Pelerinaxes 2

Unha viaxe que non só terá forma de filme, xa que os fotógrafos Iago González e Iván Fernández inaugurarán o vindeiro día 19 de xullo, no Festival de Cournouaille en Quimper (Francia), a exposición “Dúas miradas cara San Andrés de Teixido” onde máis de 200 fotografías documentan as diferentes etapas da gravación de “Pelerinaxes”.

Fotos pelerinaxes