Directores/as
Ollo de vidrio

Aquel marabilloso Cannes de 2016 pt 1.

Soe acontecer que cando nos atopamos no medio dun panorama crítico, onde abonda o pesimismo e a baixa estima, os feitos extraordinarios poden chegar, incluso, a pasar desapercibidos, ou mesmo a non ser valorados na súa xusta medida.
Oliver Laxe Capitans

Algo desto debeu pasar cando no ano 2010 un descoñecido Oliver Laxe chegaba coa súa primeira longametraxe “Todos vos sodes capitáns” á Quincena de Realizadores de Cannes e saía do evento cinematográfico máis importante do planeta cun Premio Fipresci baixo o brazo. Fazaña esta que só acadaron directores como por exemplo Jim Jarmush, presente ó igual que Laxe nesta edición de 2016. A magnitude e a desproporción deste logro serviu para constatar que nos atopábamos ante un magnífico cineasta e que, igualmente, desde Galicia se podía facer cinema dunha maneira desprexuizada e que tanto o noso cinema como os nosos autores poden estar á par dos grandes creadores do momento, aínda que en demasiadas ocasións pequemos de infravalorar o talento patrio ou non saibamos apreciar a grandeza dos filmes e os seus autores ata que noutros países se fixan neles.

Sexa como for, o éxito de “Todos vos sodes capitáns” supuxo un fito que pareceu insuflar una enorme dose de atrevemento na nosa cinematografía, e desde aquel xa lonxano 2010 veñen sucedéndose unha serie títulos seleccionados polos máis prestixiosos festivais. Así nos últimos anos puideron verse en Locarno “Arraianos” de Eloy Enciso, “Costa da Morte” de Lois Patiño, “Ser e Voltar” e “Eco” de Xacio Baño. Vimos en San Sebastián, “Tra-las luces” de Sandra Sánchez, “El árbol magnético” de Isabel Ayguavives, “Psiconautas” de Alberto Vázquez, “Las Altas presiones” de Ángel Santos. Vimos en Venecia “El Desconocido” de Dani de la Torre. Estes son só algúns exemplos do que aconteceu no cinema galego desde que Oliver Laxe gañou o premio Fipresci con “Todos vos sodes capitáns” ata esta semana, na que presentou “Mimosas” dentro da Semana da Crítica, 6 anos máis tarde. E esto ven a demostrar dúas cousas. En primeiro lugar o excelente momento que vive o cinema en Galicia, sen dúbida o mellor da súa historia. En segundo lugar as enormes dificultades que teñen os nosos autores para poñer en marcha os seus proxectos. Precisaronse 6 anos para que poidamos volver a ver un filme dirixido por Oliver Laxe.
Captura de pantalla 2016-05-19 a las 11.05.09Mimosas cartel recortado

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 11.06.01

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 11.06.18

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 11.06.41E todo ese tempo de espera, a propia viaxe que deberon afrontar os responsables do filme durante estes 6 anos rematou por materializarse nunha película singular definida como “western relixioso” polo propio autor. Despois de que en “Todos vos sodes capitáns”, Laxe mesturase realidade e ficción nun mesmo filme que contiña altas doses de cinema documental, en “Mimosas” opta por unha ficción en máis estricto senso, estructurando o filme en tres actos pero con enormes diferencias entre sí.

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 12.15.50
Unha viaxe interior que se produce mentres as persoaxes do filme se internan no Atlas marroquí no cal conflúen distintos tempos que coinciden por breves instantes ante a magnificencia dos escenarios. A paisaxe e os lugares volven ter, ó igual que en “capitáns” (onde o ritmo do filme viña dado polos entornos rurais e urbanos) un papel transcendente no filme.

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 11.49.21 A proposta foi acollida con entusiasmo tras a súa primeira exhibición no espazo Miramar, onde “Mimosas” tivo a súa Premier Mundial o pasado 16 de maio.

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 12.14.58
Captura de pantalla 2016-05-19 a las 12.13.02 Captura de pantalla 2016-05-19 a las 12.13.18

 

Captura de pantalla 2016-05-19 a las 13.10.11