Directores/as
Ollo de vidrio

Antón Reixa presenta o libro Leccións de Cousas no CGAC


Este xoves 29, no auditorio do CGAC terá lugar a presentación do libro Leccións de cousas editado dentro das actividades ligadas á exposición do mesmo nome que o noso compañeiro Reixa inaugurou o pasado xuño, e que aínda pode visitarse ata o vindeiro día 16 de outubro.

O libro en versión trilingüe e acompañado dun DVD con material audiovisual, inclúe as súas obras Maldecir, Cicatriz Barullo y Twist and shout esperanza.

No remate da presentación o propio autor realizará unha lectura dos seus poemas.
A cita é no CGAC ás 19h do xoves 29 de setembro.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta