Directores/as
Ollo de vidrio

Angel de la Cruz de novo candidato aos Goya con Arrugas.

Estes días como cada ano soubemos a lista definitiva dos candidatos aos Goya e coma sempre houbo expectación xa que ser finalista é un importante escaparate para as producións e para a carreira profesional de técnicos e creativos do cine.

Todos lemos a lista a ver cantos amigos ou coñecidos optan cada ano ós premios. Recoñezamos que ver a soporífera gala (como todas elas, Oscar incluídos) resulta moito más entretida se andamos a buscar onde se sentan, ou se saen a recoller premio os nosos colegas.
A representación galega deste ano é significativa, hai seis candidatos galegos, pero a que máis ilusión nos fai, obviamente, é a do noso compañeiro de asociación Ángel de la Cruz.
Ángel, opta a premio como guionista e coprodutor da longa de animación Arrugas, que ten previsto estrearse o vindeiro 27 de xaneiro.
Ángel ten ampla experiencia nisto dos Goya pois xa tivo o honor de recoller outros dous por outras películas de animación El bosque animado y O soño dunha noite de San Xoán.

Desexámoslle toda a sorte do mundo e que recolla outros dous esta edición, e aproveitamos para felicitar tamén a outra compañeira que foi candidata, Sandra Sánchez, que merecía sen dúbida ser finalista polo seu impresionante documental Tralas luces.