No ano 2006 a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible toma a decisión de crear un Parque Medioambiental en Carballeda de Avia, un concello situado en pleno Ribeiro. Este proxecto consiste nun parque empresarial de empresas adicadas ao reciclaxe cunha extensión de 800.000 metros cuadrados.
A Consellería dende o primeiro momento presentou este plan como unha panacea para a crise abandeirando a creación de máis de 800 postos de traballo, pero o que non se esperaba era que nacera un rexeite social.
ALTERNATIVA CERO é un documental feito con testemuñas de veciños, viñoteiros, políticos, ecoloxistas,… onde cada un deles da a súa opinión sobre este conflito.
Algo semellante (salvando as distancias) acontecueme a min en plena edición: descubrín que o sentimento principal que afloraba era que os seus protagonistas eran coma caracois. E descubrino gracias ás ausencias, aos que non se deixaron entrevistar, que foron poucos pero importantes. Coma a vida do caracol, a vida destes personaxes está chea de retos imposibles e desafíos titánicos. En calqueira momento pode vir alguén e porlle un pé por riba e aplastalos.
O título ALTERNATIVA CERO fai referencia a unha cláusula que deben incluir nos estudos de impacto ambiental cando se presenta un proxecto desta envergadura. Trátase dun mecanismo de protección, un estudio no que se explique o que acontecería se ese proxecto non se levara a cabo. Deste modo, forzaríase a quen o promove a xustifica-la necesidade do mesmo.