Directores/as
Ollo de vidrio

Alex de la Iglesia novo director da Academia


Alex de la Iglesia. Foto 20minutos.es
Alex de la Iglesia foi ratificado como director da “Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España”, este pasado Domingo.
A directora e actriz Icíar Bollaín e o produtor Emilio Pina acompañarán a De la Iglesia na cúpula da Academia como vicepresidentes, durante os tres vindeiros anos.
De la Iglesia declarou que ia ser “combativo” e que procuraría “potenciar” a comunicación co público.
Un dos principais cambios que introduce a nova presidencia é a intención de elixir a un terceiro vicepresidente, probablemente membro da industria catalá, “para aunar o sentir doutras comunidades autónomas“. “En Barcelona hai moitos membros e son os máis activos“.

Entre os primeiros obxectivos que se propón ao fronte da institución destaca a súa intención de “recuperar o respecto” ao cine español e aos seus profesionais. “Trátase de ter unha voz única, mostrar a unidade da Academia. Falar rápido e responder rápido“, remarcou. “Hai que explicar por qué o cine español é como é“.

Por outra banda a nova directiva, tratará de recuperar a directores ausentes na academia, como Almodovar ou Garci.

Máis información: http://www.academiadecine.com

Interacciones del lector

Deixa unha resposta