
A AGADIC ven de resolver a última das liñas de axudas ao audiovisual pendentes para este ano, en concreto as axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.
Estas axudas foron convocadas o pasado 18 de maio, e veñen a apoiar 25 proxectos de longas, documentais e series.
A cantidade a subvencionar esta convocatoria sufriu unha forte rebaixa, segundo a consellería, forzados pola crise económica e os recortes a cultura.
As axudas esténdense en varias anualidades, do 2011 ata o 2014, e este ano se repartirán 145.000€, para chegar no 2014 aos 2,9 millóns de euros en total.
Podes descargar un PDF con información detallada das adxudicacións, produtoras, títulos, etc., nesta ligazón.
Dende CREA felicitamos aos beneficiarios destas axudas que de seguro virán moi ben a un sector en crise aguda.


Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.