Directores/as
Ollo de vidrio

Todas as actividades de CREA, a tan só un click

A web de CREA estrea unha nova sección.

A través do calendario de eventos, dispoñible dende o menú, amosaranse as diferentes actividades que organiza a asociación e tamén aquelas nas que participa, para que tanto persoas asociadas coma persoas externas poidan estar á última.

Segundo estes eventos vaian facéndose públicos, irán aparecendo reflexados neste calendario, amosando información de interese como pode ser o prezo das actividades, lugar de celebración, mapas, asistentes, temáticas…

Ademais, dispón da opción para agregar os eventos a Google Calendar e así recibir alertas cando os eventos estean próximos.

Non deixedes de visitar a páxina para estar ao tanto da actualidade de CREA.