Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

TALLER DE ANALISE DE GUIÓN E DIRECCIÓN DE ACTORES E ACTRICES

30 de Novembro de 2018

Obxectivo
da actividade

Unha Master Class de 3 xornadas nas que se traballou a investigación e analise do texto cinematográfico a fin de chegar as técnicas adecuadas para os ensaios cos actores.

Así, mediante a extracción do submundo dun guión concreto creamos ferramentas que nos axudan a dar forma e resolver unha escena, traballando as resistencias dos actores e actrices, probando técnicas de quecemento e ensaio e desenrrolando actividades de improvisación.

Participaron 17 compañeirxs de CREA, AGAG e SGAE, ademáis de 4 actores e actrices.

María Ripoll

Estuda no American Filme Institute (AFI) nos Angeles.
Coa súa primeira longametraxe, LLUVIA EN LOS ZAPATOS, gaña o premio Mellor Guión no Festival Internacional de Cinema de Montreal e o Premio do Público no Festival de Sitges e no Festival de Seattle.
É nomeada a Mellor Dirección Novel aos Goya.
No 2001 dirixe en Los Ángeles TORTILLA SOUP é estreada en USA con gran éxito de despacho de billetes e obtén 9 nomeamentos aos premios ALMA.
En 2003 dirixiu UTOPIA, un Thriller fantástico e a súa primeira película en español e despois TU VIDA EN 65’(2007),escritaporAlbertEspinosaconvidadaavariosfestivaiscomoAFIAFilmefestivaleFestival Int.de Estocolmo, etc.
Periodicamente traballa en publicidade para a produtora MONKEY FILMS – Barcelona e MILAGRO FILMS – Los Ángeles.
Tamén imparte cursos de Análises de guión e Dirección de actores para o Sgae, Unversidad Pomepu Fabra e Central De Cinema.
En 2013 Produce e dirixe CROMOSOMA CINCO, documental e web-doc, para TVE.
En 2014 dirixe entre Bombai e Barcelona, RASTROS DE SÁNDALO, película que obtén GAUDI 2014 á MIllor Pelicula Catalá e os premiso do Público no festival de Montreal e Festival Cinequest (California). Dirixe AHORA O NUNCA de estrea ó 19 de xuño 2015. Con gran éxito de despacho de billetes e seleccionada polo festival de Montreal e Miami.
Dirixe en 2016 NO CULPES AL KARMA DE LO QUE TE PASA POR GILIPOLLAS, estreada ó 11 de Novembro e invitada ao Festival de Miami 2017.

EDICIÓNS ANTERIORES