Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Seminario sobre branded content con Lidia Mosquera

26 de Setembro de 2014

Obxectivo
da actividade

O 26 de setembro de 2014 tivo lugar en Santiago de Compostela, o seminario sobre branded content impartido por Lidia Mosquera, membro do corpo docente da Escuela Internacional de Cine y TV de San Antonio de los Baños (Cuba), produtora executiva de Gameworks S.L. e con experiencia como directora, produtora delegada e responsable de contidos dixitais en Canal + España e Cuatro .

Que é o Branded Content? Por que está en auxe? Como se fai? Que supón para nós? Que ten que ver coa narración transmedia? Quen son os novos actores implicados?

Estas foron algunhas das cuestións que se abordaron, acompañadas de múltiples exemplos, así como ferramentas prácticas para enfrentar esta nova forma de concebir o audiovisual, nun seminario no que participaron profesionais de moi distintos perfís; dende directores e realizadores, ata produtors, xente do mundo do márketing, da xestión de televisións privadas, de  empresas alleas ao sector audiovisual… Un abano amplo e enriquecedor que axudou a que o seminario tivese unha compoñente participativa e de debate realmente interesante.

PROGRAMA

01

EDICIÓNS ANTERIORES