
Obxectivo
da actividade
Ferrán Piquer, un dos supervisores de FX visuais máis recoñecidos de España -responsable de máis de 30 películas, entre elas Las Brujas de Zugarramurdi, Blancanieves, Balada Triste de Trompeta, Combustión, La Chispa de la Vida, Camino, Pájaros de Papel, Salvador, Los Borgia, Sexykiller, Mapa de los Sonidos de Tokyo-, impartiu o día 1 de xullo de 2013 un seminario sobre os FX visuais desde a perspectiva da dirección cinematográfica.
“Dende a creación de entornos virtuais ata a integración de elementos de distintas fontes, pasando pola combinación de imaxes rodadas e de imaxes xeradas por ordenador; os FX visuais son, esencialmente, ferramentas para contar historias. E nos últimos anos, o traballo de dirección -tanto en cine como en TV, ou en calquera outro formato- precisa destas ferramentas cada vez con máis frecuencia”.
Ferrán Piquer.
EDICIÓNS ANTERIORES















