Directores/as
Mediateca
Volve atrás

Actividade

Premios CREA 2025

24 de Outubro de 2025
Sala Riquela

Obxectivo
da actividade

CREA, Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia, de acordo cun dos seus obxectivos fundacionais como é o de promocionar o traballo e as obras das directoras/es e realizadoras/es da industria audiovisual galega, convoca a décima edición dos PREMIOS CREA.

Estes premios nacen coa vontade de ser un recoñecemento público, por parte dos socios e socias de CREA, daquelas colegas que destacasen nas distintas facetas da dirección audiovisual. E por isto, serán todas as persoas que pertencen a CREA quen, a través dos seus votos, decidan os galardóns en cada unha das categorías.

Nesta décima edición dos PREMIOS CREA, establécense as seguintes categorías:

MELLOR DIRECCIÓN DE LONGAMETRAXE DE FICCIÓN

MELLOR DIRECCIÓN DE LONGAMETRAXE DOCUMENTAL

MELLOR DIRECCIÓN DE CURTAMETRAXE DE FICCIÓN

MELLOR DIRECCIÓN DE CURTAMETRAXE DOCUMENTAL

MELLOR DIRECCIÓN DE SERIE

MELLOR DIRECCIÓN/REALIZACIÓN DE PROGRAMA TV

MELLOR DIRECCIÓN DE VIDEOCLIP

MELLOR DIRECCIÓN DE SPOT OU CAMPAÑA PUBLICITARIA

MELLOR DIRECCIÓN DE OBRA EXPERIMENTAL

PREMIO DE HONRA

 

Inscrición aberta para os Premios CREA 2025

Poderán participar todas as/os profesionais da dirección e realización que estreasen algunha obra en Galicia dende o 1 de xaneiro de 2024 ata o peche do prazo de presentación de candidaturas no 2025, sempre que a obra non fora presentada na anterior edición dos Premios CREA

Ata o vindeiro 31 de agosto de 2025 ás 23:59 estará aberto o prazo de recepción de candidaturas a través do seguinte formulario.

Podes consultar aquí as bases da presente edición do Premios CREA.

Para calquera dúbida, podes contactarnos no correo coordinacion@crea.gal

EDICIÓNS ANTERIORES