Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Actividade

Obradoiro de non ficción con Isaki Lacuesta “Retratos do invisible”

04 de Xullo de 2014

Obxectivo
da actividade

Retratar o que é invisible por natureza: os pensamentos, os sentimentos, ou -noutra orde de cousas- todo aquilo que os medios de comunicación adoitan obviar. O proscrito. O incómodo. O tabú. O retrato e o autorretrato.

O cine é, antes que nada, unha arte do físico, e dificilmente poderemos facer visibles as emocións ou a psicoloxía de ningún personaxe se antes non sabemos como plasmar a súa xeografía, a súa presenza material: as pegadas que unha emoción, unha idea ou unha dúbida, deixan ao seu paso polos corpos.

Por iso, case todas as mellores películas comprenden, tamén, a arte do retrato: esa que, nos mellores casos, pode amosarnos á vez o retratado e o artista, así como o tipo de relación que se estableceu entre ambos, desde a complicidade ou o desexo ao combate.

Isaki Lacuesta:

É autor das longametraxes: ‘La noche que no acaba’ (2010), ‘Los condenados’ (2009), ‘La  leyenda del tiempo’ (2006) e ‘Cravan vs. Cravan’ (2002), galardoadas en diversos festivais nacionais e internacionais, “Los pasos dobles” e o documental “El cuaderno de barro”, ambas rodadas en Mali coa colaboración do pintor Miquel Barceló. Actualmente está pechando a postprodución de ‘Murieron por encima de sus posiblidades’, unha comedia negra sobre a crise.

EDICIÓNS ANTERIORES