
Obxectivo
da actividade
Obradoiro de montaxe cinematográfica centrado na linguaxe, que non na ferramenta. Este non é un curso de software senón de narración.
Analizaranse en profundidade as técnicas narrativas e a construción do discurso desde a sala de montaxe. Novas perspectivas da historia e das personaxes, a búsqueda do ritmo máis aló da resolución de problemas. Multitude de exemplos prácticos extraídos da propia obra de Alberto de Toro e espazo para as propostas do alumnado.
Esta AulaCREA vai dirixida a directores, montadores e todos aqueles profesionais que desexen profundizar no seu coñecemento do proceso de edición cinematográfica; unha ferramenta imprescindible para dotar de significado completo a obra desde o guión á interpretación. O obradoiro ofrecerá unha aproximación en primeira persoa ao xeito de proceder na montaxe dunha obra, desde o primeiro contacto co material filmado, a distribución secuencial, e a decisión última do fotograma de corte entre dous planos. Análise de obras, tendencias e referentes clásicos e actuais, solucións a problemas atopados en películas propias e propostas do alumnado fan desta AulaCREA un imprescindible na formación de alto nivel deste ano.
Alberto de Toro. Montador.
Conta na súa traxectoria con máis de 20 longametraxes españolas e iberoamericanas.
Editor habitual de Javier Ruiz Caldera (Spanish Movie, Promoción Fantasma, Tres Bodas de Más) e Roger Gual (Remake, Menú Degustació) tamén é responsable da montaxe das recoñecidas Satanás, Perfil de un Asesino (de Andrés Baiz) ou Km31 (de Rigoberto Castañeda).
Recibiu en 2004 o Ariel da Academia Mexicana das Artes e as Ciencias Cinematográficas pola montaxe de Nicotina, de Hugo Rodríguez.
EDICIÓNS ANTERIORES












